miércoles, 17 de abril de 2013

.

''Esa serpe que repta
polo meu
brazo, que conecta
a parte
máis irracional de min
con outra,
a incomprendida.

Esa serpe
que oscila e móvese
dun lado a outro
cando estás preto.

Que inxecta veleno
no meu corpo
lentamente,
lentamente,
e garda a cura
na súa boca.

Esa serpe que,
fai tempo xa
decidiu,
que só
merecía
o veleno.''

No hay comentarios:

Publicar un comentario